Freire séntese satisfeito coa detención de Álvaro, aínda que Tomás segue dubidando acerca da inocencia de Don Román, sobre todo cando se decata da cesión de parte do eucaliptal a Álvaro nunhas circunstancias algo escuras e complicadas para Don Román. Freire e Deli necesitan falar seriamente da súa relación. Levan xa demasiado tempo de tensións. É momento de arranxar as cousas, de buscar novos obxectivos e alicientes. Ela quérese manter ocupada, activa. Montarán un negocio e van necesitar socios. María ...