Desde que Rosamari marchou de Santalla, Elías séntese moi só, así que Milucho aconséllalle que alugue algún cuarto da súa casa. A historia acaba derivando noutro proxecto delirante do taxista que se cre un magnate da hostalería. Tomás e Cosme están interesados nun cuarto xa que os dous se senten desprazados e un estorbo xunto ás súas familias. Por outra parte, a cabeza de María non descansa: soña e soña con momentos grotescos dun posible enlace con Marcos e non sabe que facer, dúbida tras dúbida, entre c...