Lupe segue na cadea e don Román búscase outra colaboradora para levar a cabo os seus plans contra Freire, Deli e o seu futuro fillo. Trátase de Gloria, a celadora do cárcere. Gloria, para evitar demasiados riscos, pídelle a Román que faga o posible para que Deli dé a luz en determinado sanatorio da Coruña. O alcalde utiliza a Laura para que visite os Freire, e inocentemente, lles recomende dita institución para que Deli dé a luz. Mentres, Elvira e Carmiña rivalizan por asistir a unha coella que está a p...