Don Venancio está desesperado, alguén lle está a roubar o viño de misa. Elías, influenciado pola lectura dos relatos de Sherlock Holmes, perde un pouco o xuízo, crese o famoso detective e émpeñase en desenmascarar ó ladrón do viño. Non dubida en embarcar no seu delirio a uns doctores Watson itinerantes: Cosme, Álvaro e don Venancio. Finalmente, será Carmiña, quen aplicando o sentido común conseguirá descubrir ó ladrón, ou ladroa que roubaba o viño. Para Laura iníciase unha nova etapa de sufrimento, seu ...