A relación entre Deli e Tomás cada vez vai a peor. Él está receloso, non confía na honestidade da xove e discute con ela sobre o xeito de coidar a seu pai. Cando Tomás se entera de que van ir de lúa de mel, os problemas van a máis, pois considera que é moi cedo para que seu pai emprenda unha viaxe. A noticia da lúa de mel do indián, fai pensar a Elvira e a Senén e a Sara e Manuel, respectivamente, en aquela que non puideran disfrutar. Finalmente, Freire decide non ir e regala a viaxe ó balneario da Toxa...