Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, irá voando ata Vigo, onde, coa axuda da boa man de Carlos, fará unha das empanadas con máis seguidores do país: a de chocos. De volta á casa, a festa vai ser completa coas empanadiñas-piruletas coas que Merche e Leni agasallan ao resto do grupo de lambonciños. Pero a grande sorpresa ven da man de Benigno, quen pensou facer hoxe algo diferente e orixinal: peixe ao forno con pisto de verduras e cuberta de pan de millo.