“Larpeiros” fixo un percorrido gastronómico por toda a comunidade, cociñando nas prazas e rúas e ofrecendo unha selección das mellores receitas da nosa cociña. A audiencia poderá gozar coas festas gastronómicas máis senlleiras, desde o pan de Cea ata o bonito de Burela, pasando pola lagosta da Guarda, o percebe de Corme e a ameixa do Carril, entre outras propostas.