Os “Larpeiros” manteñen unha animada conversa no almorzo sobre os sabores intensos, potentes. Algúns días, a todas as persoas lles pasa que se erguen con ganas de xantar cousas con sabores fortes. Un bo cocido, por exemplo, un cabrito, un lacón con grelos... Os “Larpeiros” son moi fans da carne de boi, pero tamén no mar hai peixes con sabores moi poderosos. O bacallau, por exemplo, é un peixe con moitísimo sabor ao que estes comensais xenerosos sempre lle tiveron un cariño especial, pero tamén ao marisco, aos queixos ou aos guisos.Benigno Campos non pensa deixar a oportunidade de facer algunha cousiña rica de comer cun sabor potente. Para iso, xa ten na cabeza unha receita que non deixará a ningún “larpeiro” indiferente: guiso de carne de boi con viño tinto. Estamos acostumados a guisar carne de tenreira, pero os guisos con carne de animais de máis idade teñen un atractivo moi especial.Pola súa parte, Adrián, o larpeiro “máis teimudo” irá voando ata Portomarín, na provincia de Lugo. Al