En pleno martes de Entroido, non hai cousa que apeteza máis que un cocido, un lacón con grelos ou unhas filloas. Por isto, “Larpeiros” vai facer esta noite un percorrido polos pratos máis típicos destas datas. Pero antes de meterse na cociña hai que conseguir a mellor materia prima, o que en Galicia non supón problema ningún. Cos prados verdes de grelos, o “larpeiro” Adrián vai ata Monfero, unha das mecas galegas no que a esta verdura se refire, onde aprende do mellor guía e apañador de grelos desta localidade coruñesa. Mentres tanto, os seus compañeiros preparan unha empanada de mexillóns e cogomelos. Cos grelos traídos por Adrián pódense facer infinidade de cousas, como unhas filloas recheas, un revolto, unhas croquetas… Pero está claro que co que mellor que casa esta verdura é cun bo lacón, polo que Benigno e Lola se poñen aos fogóns a preparar lacón de tres quilos xa desalgado. O cocido é outros dos reis da mesa durante o Entroido, en que sempre parece todo pouco e logo sobran c