A practicidade á hora de comer é tema de conversa dos 'Larpeiros'. A case todo o mundo lle gustan os pratos que se poden ser feitos cun pouco de anticipación, para ter a comida resolta cando se vén dalgún sitio ou cando se ten xente a comer. Hai pratos que solucionan moi ben este problema, coma os escabeches, os salpicóns ou a ensalada rusa, e tamén hai guisos e potaxes que se poden cociñar o día anterior e que aínda están máis ricos se se deixan repousar unhas horas. Ademais, está a carne asada, que tanto se pode servir quente coma fría e que vai estar riquísima de calquera xeito. Aproveitando que vén de visita Dolores Valcárcel, máis coñecida coma a avoa Lolita de Sarria, Benigno Campos quere facer con ela unha das súas receitas estrela. Man a man, preparan un auténtico prato de festa: redondo de vitela ao forno con verduras. Da sobremesa encargaranse Merchi e Leni, que agasallarán os seus compañeiros con pasteliños de froitas. Pola súa parte, Adrián, o larpeiro máis itinerante, irá