Os cambios que experimentaron durante os últimos tempos os costumes dos galegos á hora de comer é o tema de conversa no programa “Larpeiros”. Isto débese a que fomos descubrindo cousas que antes descoñeciamos e que agora ben nos gustan. Un exemplo son os caquis, que pasou de ser unha froita que non se atopaba nas tendas a estar en todas partes. Son produtos que van seguindo o camiño doutros aos que non se lles facía demasiado caso, coma as algas de mar, os arandos e o arroz basmati. Outro caso paradigmático é o dos cogomelos, que pasaron de ser algo que xeraba desconfianza a ser un ingrediente moi apreciado. Aos “larpeiros” encántanlles, xa sexan á prancha, nunha tortilla ou nun revolto. Os cogomelos danlle aroma e sabor a calquera cousa: a un arroz, a unha salsa e, sobre todo, aos guisos. Sexan de peixe ou de carne, quedan estupendos cando levan uns cogomelos. Benigno Campos pensa en cociñar algo rico con fungos. Estufado de tenreira con viño tinto e cogomelos é a receita elixida pa