Benigno Campos é un grande amante dos asados e hoxe faralle unha homenaxe por todo o alto a este xeito de cociñar tan primitivo. Para isto, vai preparar un prato que non deixará ningún “larpeiro” indiferente: tenreira ao forno con puré de patacas e cabaza. Unha tenreira asada sempre é unha alegría na mesa, pero acompañada dun puré diferente vai ser un auténtico prato de festa.Pola súa parte, Adrián, o “larpeiro” máis intrépido, achegarase ata Nigrán, onde, da man de Manolo, se converterá en todo un experto en asados.Pero isto non será todo, xa que esta semana o menú dos “Larpeiros” completarase cunha exquisita empanada de rubio, que se encargarán de preparar Merchi e Leni.