O programa “Larpeiros” recibirá a visita do cociñeiro Carlos Parra, que fará tapenade, unha pasta de olivas negras que queda moi rica untada no pan. Este prato inspira a Merchi, que recorda unha receita dun biscoito salgado, feito con olivas e con xamón. Parra tamén se encargará do xantar e preparará uns solombos de porco cun recheo de ameixas pasas.