Os “Larpeiros” conversan sobre a que animal lles están máis agradecidos. Para os protagonistas do programa, as vacas galegas son unha bendición, xa que levan centos de anos quitando moita fame e servindo de sustento para milleiros de galegos, que ademais teñen a sorte de contar con cinco razas autóctonas que son a envexa de gandeiros de todo o mundo.  Benigno Campos é un fan declarado da carne de tenreira e ten pensado preparar "guiso de carne con pasta e champiñóns". En lugar de poñer os clásicos fideos, o cociñeiro acompaña a carne con pasta en forma de caracois. Ferreira de Pantón é o destino de Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, que, da man de Xosé, coñece unhas vacas que viven coma raíñas e que non entran na corte nin para ser muxidas. Xosé ten unha sala móbil e moxe as súas vacas no mesmo prado onde se atopan pastando. Adrián ten que traballar como un auténtico gandeiro se quere levarlles aos seus compañeiros un leite á altura da ocasión. Todo este esforzo ten a súa recompensa c