Ademais de ser un dos queixos galegos con máis historia, o de tetilla é un dos mellores para cociñar, polo suave do seu sabor e polo ben que derrete para facer salsas e acompañamentos. Mesmo incorporada nunha ensalada, a tetilla sempre é garantía de éxito. Benigno Campos quere acabar con esta tremenda inxustiza que se está a cometer con este queixo e, para isto, pensa preparar un xantar que non deixará a ningún “larpeiro” indiferente: solombos de vitela con salsa de tetilla. Merchi e Leni fan unha torta de nésperas.