Benigno Campos está disposto a demostrar que co kiwi tamén se poden cociñar pratos salgados boísimos. E, para iso, pensa facer unha receita que vai deixar o resto dos dos seus compañeiros coa boca aberta: salmón á prancha con vinagreta de kiwi e arroz de verduras. A festa vai ser completa coa quiche de cogomelos coa que Leni e a cociñeira convidada desta semana, Celia Cabrera, agasallarán os seus compañeiros.