O mestre Benigno, escoitando as opinións de todos os larpeiros o que saca en claro é que hoxe toca facer algo especial. E para iso, pensa cociñar un auténtico prato de festa que non deixará a ningún comensal indiferente, rodaballo cunha salsa de nécoras.  Previo a este prato de altura, proporá como entrantes uns deliciosos camaróns fritidos e un pastel de perdiz.  Pola súa parte, Adrián, o larpeiro “máis viaxeiro” irá voando ata a Illa de Arousa. Alí, da man de Abel, coñecerá de primeira man o dura que é a pesca da nécora. De volta na casa, a festa vai ser completa coa torta fría de turrón coa que Merchi e Leni agasallan o resto dos “Larpeiros”.