Os Larpeiros da comezan o programa cunha conversa animada sobre a maternidade e os primeiros días de crianza dun cativo. Falan de tradicións, non tan antigas, coma a de regalarlle á nai unha galiña para facer un bo caldo, unha libra de chocolate, galletas e unha botella de Sansón. Para cumprir o antollo de Merchi de comer pescado ao forno, don Benigno propón cociñar rodaballo desta maneira e acompañalo con arroz con algas, alimento que lle dá un sabor agradable ás comidas e que debe empregarse en pequenas cantidades. Para conseguir as algas, Adrián terá que achegarse ata Esteiro, á beira da ría de Muros, onde se reunirá con Fermín para recoller este ingrediente. Desta volta, o larpeiro viaxeiro terá que mergullarse e percorrer as rochas para atopar as prezadas algas e poder completar o menú dos larpeiros. Para rematar o banquete e aproveitando a tempada de cereixas, Merchi e Leni prepararán pastel de cereixas con queixo do Cebreiro para deixarlle bo sabor de boca a todos os comensai