Ultimamente en Galicia, estanse a facer unhas sidras artesás de altísima calidade, polo que o mestre Benigno, que as sabe todas, está disposto a cociñar unha auténtica receita de festa coa que triunfar por todo o alto: Robaliza con sidra e ameixas.Ademais, Adrián irá voando ata á Estrada. Alí, da man de Jesús, aprenderá a facer unha das sidras artesás que conta con máis seguidores en Galicia e parte do estranxeiro. De volta na casa, a festa vai ser completa co biscoito de tres mazás, co que Merchi e Leni agasallan o resto dos larpeiros.