Na casa dos Larpeiros é un día moi doce. Entre os caprichos dos Larpeiros, o chocolate sempre ten un lugar destacado. Non se produce en Galicia, pero ao igual que o arroz, o bacallau ou o azucre, é un deses produtos que nos chegan de lonxe e sen os cales a vida sería máis triste. E falando de chocolate, Don Benigno tivo unha gran idea: cociñar rabo de vaca con viño tinto e chocolate. Un guiso dos de sempre, feito con calma, pero cun toque moi especial. O almirante estará acompañado por Dona Lola, así que non faltará sabedoría. O Larpeiro máis viaxeiro, Adrián, vai visitar unha fábrica de chocolates en Barcelos, Portugal, que ademais ten un museo moi chulo. Con Paula coñecerá a historia do chocolate, da fábrica máis antiga do país e fará uns bombóns deliciosos. E non marchará de Portugal sen cociñar e probar unha tapa de frango con chocolate. Vaia planazo, lambonciños! E para rematar a festa, as nosas reposteiras Merchi e Leni fan unha das tortas máis famosa do mundo: a Torta Sach