Don Benigno opta por un exquisito guiso andaluz adubado con sabedoría e sabor galego para sorprender os larpeiros. Precisamente, as patacas galegas provocarán unha animada conversa entre os asistentes ao banquete por estaren presentes en pratos típicos galegos, coma o cocido, o caldo ou o polbo con cachelos. Pratos que non se imaxinan sen patacas, que tamén son imprescindibles nos guisos. A sobremesa porana Leni e o reposteiro Manuel cunhas minitortas con crema de froita.