O encargado da compra foi Benigno e vimos como se crían en Xinzo de Limia uns dos mellores polos do país. Adrián foi o responsable de traer os lagostinos para facer un aperitivo moi distinto. Os seguidores do programa acompañárono na súa visita a unha vella coñecida, Chus, que cociña os mariscos que é unha gloria!