Gran amante do polo, a Benigno Campos encántalle preparalo de mil xeitos diferentes e hoxe pensa facer unha receita que vai ser un antes e un despois na cociña do programa: polo recheo ao xeito dos “Larpeiros”. O menú completarase cos cestiños de lagostinos e cogomelos que prepararán Merchi e Leni. Pola súa parte, Adrián desprazarase nesta ocasión a Trasmiras, na provincia de Ourense, onde, da man de Martín e Concha, coñecerá uns poliños que viven coma príncipes, camiñando polo monte, comendo o que lles peta e se gota de estrés.