Don Benigno está disposto a empregar estes tarros de curri que trouxo Leni da súa viaxe misteriosa facendo un xantar que os deixará a todos pampos: polo ao curri. Unha receita moi internacional e un chisco exótica que promete ser un auténtico prato de festa. Para rematar o festín, Merchi e Leni encargaranse da torta fría de manga, coa que conquistarán os padais dos larpeiros.