Carlos Parra deixará o seu selo nunha receita cun polo campeiro, que Adrián se encargará de proporcionar. Trátase dun guiso con cogomelos para o que aproveitará dúas das especies máis apreciadas e que máis abondan en Galicia, boletos e cantarelas. Para completar o prato, e empregando de novo ingredientes da terra, o cociñeiro preparará uns apetitosos cestiños de grelos e patacas. Na mesa dos “Larpeiros” tampouco faltará a sobremesa, a cargo coma sempre de Merche e Leni. As reposteiras prepararán uns biscoitos con salsa de mel inspirados nos famosos sobaos pasiegos de Cantabria.