Cada feira é un mundo. E se hai unha cousa que lles gusta a todos os larpeiros por igual de ir a feira é comer o polbo. E falando de polbo, o mestre Benigno púxose creativo, e pensa facer unha receita que sexa unha homenaxe a este animaliño que tantos amigos ten por toda Galicia, e parte do estranxeiro: polbo con arroz. Este é un prato que xa se fixo na casa dos 'Larpeiros', pero hoxe, pensa facelo dun xeito diferente, un pouco ao estilo dos portugueses, que queda moi rico. A festa é completa coa espiral de mazá con cabelo de anxo, coa que Merchi e a convidada Victoria Oubiña agasallan o resto dos comensais.