Os “Larpeiros” da TVG lembran esas cousas coas que gozaban de pequenos e que hai tempo que non proban. A Leni, por exemplo, gustábanlle moito os ovos e apañar cos seus pais os das galiñas que tiñan na casa. Facíalle moita ilusión comer aqueles ovos que recollera ela mesma. E é que as cousas en que se participa á hora de procuralas ou cociñalas saben moito mellor. A Adrián pásalle o mesmo coas troitas. De pequeno encantáballe comer as que el mesmo pescaba no río. Ten sona de ser un peixe algo insulso, pero unhas troitas ben preparadiñas teñen o seu encanto. As pequenas fritidas cun pouco de xamón ou as grandes ao forno son un auténtico espectáculo. En empanada, en escabeche, en salsa de améndoas… A verdade é que a troita se presta a case todo. Nada máis falar de troitas, o mestre don Benigno xa ten en mente a receita perfecta para gozar destes peixiños como mandan os libros: pementos do piquillo recheos de troita, unha preparación moi semellante á que leva bacallau ou gambas, pero co to