Merchi érguese con antollo de pan e trae o seu amigo Guillermo Moscoso, un sabio panadeiro de Santiago, para cumprilo. Adrián tamén terá os seus propios antollos, que non se arranxan con fariña e auga, e terá que poñer rumbo a Redondela para cumprilos. Coa axuda do seu amigo Fernando, levantará unhas nasas con premio: nécoras ben frescas. E mentres Adrián lida cos crustáceos, intentando que non lle traben as gadoupas, Benigno Campos preparará pescada á portuguesa para que o xantar estea á altura dos caprichos de Merchi e Adrián.