O chocolate tamén se pode empregar en pratos salgado: para facer aliños para ensaladas, salsas para carnes de porco ou de ave… Polo que esta noite o mestre Benigno, demostrará o que é un gran coñecedor da cociña con chocolate cunha receita que promete facer as delicias do resto dos Larpeiros: perdices con chocolate. A festa vai ser completa cos pasteliños de plátano con chocolate, cos que Merchi e Leni agasallan o resto dos Larpeiros.