Para celebrar o Aninovo, os “Larpeiros” fan un menú de festa diferente, cheo de sorpresas e sabores novos. Con este gran propósito, Benigno propón, de primeiro prato, un pastel de vieiras e lagostinos. Na casa fixéronse pasteis salgados diferentes, pero nunca coma este. Cociña de festa de verdade e terá de axudante nos fogóns a Leni.  E de segundo prato, o amigo Silverio e Lola farán un guiso moi orixinal: paspallás ao xeito de Silverio, acompañados de lombarda e repolo de festa. Unha receita singular para comezar felices o novo ano. E non faltará unha estupenda ensalada de pataca morna.