Benigno Campos proporá facer un guiso moi galego, que xunte algo da terra e algo do mar: luras recheas de xamón. Este prato tradicional é ben coñecido e xa ten aparecido en grandes libros de cociña.Pola súa parte, o “larpeiro” viaxeiro, Adrián, visitará nesta edición Ourense. Desta vez, facer a compra non lle vai levar moito tempo, polo que aproveitará a viaxe para probar os petiscos e tapas máis coñecidos da cidade das Burgas. De volta  na casa, o menú dos “Larpeiros” completarano os pasteis de froita con crema de iogur cos que Merchi e Leni agasallarán o resto do equipo do programa.