Os “Larpeiros” manteñen unha animada conversa sobre o pan. Imprescindible na mesa e non só como acompañamento, tamén é unha marabilla para cociñar. Poñerllo por riba a unha carne de porco antes de metela no forno para facerlle unha costriña crocante, como picatostes para unha sopiña ou nunha crema. E que dicir de mollar o pan nas salsas, xa que facer sopiñas é un dos grandes praceres da vida.
Benigno Campos é moi fan de facer sopiñas nas salsas e ten pensado un prato en que os “larpeiros” poidan mollar o pan a gusto. Con esta misión en mente, pensa preparar unha receita que non vai deixar a ninguén indiferente: albóndegas de pavo en salsa, unha receita con todo o sabor da cociña caseira, como lles gusta ao grupo de comensais.
Adrián, o larpeiro “máis teimudo”, vai voando ata Friol, na provincia de Lugo. Alí, da man de Ánxel, aprende os segredos dun dos pans con máis sona de Galicia, o pan de Ousá. Ten que amasar, bolear e meter o pan no forno se quere levarlles aos seus compañeiros u