O pratos máis tradicionais e os xeitos máis innovadores de combinar os alimentos e os sabores é o tema de conversa dos “Larpeiros”. Algo que aprendemos os galegos nos últimos tempos é a xuntar os peixes e os mariscos con verduras, por exemplo. Nos guisos e caldeiradas sempre houbo unha ceboliña, uns chícharos..., pero hai moitas máis verduras e algunhas fan unhas combinacións marabillosas cos sabores do mar. As alcachofas, os tirabeques, os grelos ou as espinacas forman parellas estupendas coas ameixas e os berberechos, que agradecen moito a súa compaña. Benigno Campos é sempre un dos primeiros en apuntarse cando se trata de xuntar produtos do mar con verduras. E pensa levar esta combinación un pasiño máis alá preparando unha minestra con mexillóns e berberechos, unha minestra sinxela, pero con moito sabor, que combina especialmente ben co marisco.Adrián diríxese a Pontevedra, onde fai unha investigación en profundidade sobre os petiscos que preparan os cociñeiros da cidade e que conse