Os portugueses din que teñen un milleiro de receitas diferentes para cociñar o bacallau e aos “Larpeiros” non lles estrañaría nada que fose verdade. O bacallau é un produto moi versátil, xa que se pode comer ao forno, cocido, fritido, en croquetas, en sopas, en potaxes... En definitiva, o bacallau brilla en todo tipo de pratos na cociña e tamén nas empanadas e empanadillas. Todo isto sen esquecer unha fórmula clásica, como é o bacallau con coliflor. Benigno Campos, que é un recoñecido amante do bacallau, nunca deixa pasar unha oportunidade de facerlle unha homenaxe a este peixe que tantas alegrías lle deu. Por iso pensa preparar un bacallau en salsa con cocochos, un auténtico prato de festa. Pola súa parte, a cociñeira convidada desta noite, Celia Cabrera, e Leni agasallan o resto dos “larpeiros” cunha empanada de bacallau e pementos. Mentres tanto, Adrián, o “larpeiro” máis itinerante, vai voando ata Porto do Son, na provincia da Coruña, onde, da man de Eva e Maica, aprende a facer u