Benigno non deixará pasar a ocasión de empregar uns berberechos para facer un xantar que sorprenderá os seus compañeiros: uns lombos de pescada con salsa de berberechos, todo o un prato de festa. A sobremesa correrá, coma sempre, a cargo de Merchi e Leni, que cociñarán un pastel de pavías, unha das froitas máis ricas da temporada de verán.