Este martes, o ingrediente estrela na cociña de “Larpeiros” será o leite. Ademais de ser a materia prima coa que se elaboran alimentos coma o queixo, a manteiga ou os iogures, emprégase tanto en receitas doces coma salgadas, como demostrarán os cociñeiros do programa. Hoxe,  terán como compañía nos fogóns a Lolita, unha panadeira e pasteleira de Sarria, que dende hai uns meses comparte as súas receitas en “Canal Cocina” e que preparará unhas torradas especiadas.