Na mesa dos ‘Larpeiros’ é día de confesións, xa que explican que é o que máis lles gusta comer. Nun momento, a mesa encherase dos tesouros da cociña galega, coma os peixes e os mariscos. Pero hai unha debilidade en que todos se poñen de acordo: os guisos e as potaxes.Para seguir coa tradición, Benigno Campos cociña unhas lentellas con verduras e lagostinos, un prato sinxelo e con moito sabor.Ademais, Celia Cabrera prepara unhas empanadillas cremosas de polo, champiñóns e parmesano, unha receita diferente con gran tradición na súa familia.Mentres, Adrián vai ao Porriño cunha importante encarga: traer un dos mellores pans do mundo para xantar. O ‘larpeiro’ máis viaxeiro aprende xunto a Claudio todos os segredos dun bo pan, un produto que nunca falta na mesa dos ‘Larpeiros’, moi amigos de facer sopiñas con el.