Os “Larpeiros” da TVG conversan hoxe sobre os mellores inventos da historia da cociña, comezando polo lume e rematando polo microondas. Pero hai un invento ao que todos os “Larpeiros” lle estarán eternamente agradecidos: as conservas, que hai 200 anos revolucionaron o xeito de conservar os alimentos, sexan cousas do mar, como o bonito, os mexillóns ou as sardiñas, ou da terra, como fabas, garavanzos, cenorias, etc.Benigno Campos sorprende os seus compañeiros cunha receita propia das zonas de costa, pero que triunfa en Galicia enteira. Coa axuda da convidada desta semana, a cantante María do Ceo, preparou un auténtico prato de festa: guiso de xoubas.A sorpresa en forma doce é unha torta de abelás e pexegos coa que Merchi e Lola agasallaron os comensais.