Ao almirante dos larpeiros, don Benigno, falar de xogos espértalle a imaxinación e propón facer un xantar que os leve directos á infancia: guiso de xarrete con cervexa negra, un prato clásico e con personalidade, que tamén se pode facer con cervexa rubia. Merchi e Leni,  prepararán un biscoito de pexegos e chocolate ao que ningún se poderá resistir.