Na cociña de Benigno calquera cousa é posible e hoxe está disposto a demostralo cumprindo os caprichos e antollos de todos. Para isto, pensa preparar unha receita que fará as delicias do resto dos “Larpeiros”: guiso de porco con viño de xerez, un prato sorprendente, pero, sobre todo, moi rico.A festa vai ser completa coas madalenas de cereixas con queixo coas que Merchi e Leni agasallarán os seus compañeiros.