Os sabores do outono están xa na mesa dos larpeiros. As uvas, as mazás, as castañas… E con eles, aparecerá a carne de porco celta. Adri irá ver a granxa do seu amigo Xan e os larpeiros van preparar un guiso con esta carne de gusto intenso e delicado, de porcos criados ao aire libre. Usarán unha carne -a agulla de porco- que nunca se viu antes no programa, para preparar un saboroso guiso de porco celta con castañas e mazá.  Tamén na lambetada estarán os sabores cos que se recibe á chuvia e o frío: unha compota de pera e mazá con requeixo e frangullas crocantes.