Hai quen é fan dos pementos de Oímbra, outros dos de Arnoia e tamén os hai que tolean polos pementos do Couto ou polos de Mougán. Pero, sen dúbida, os pementos máis famosos de Galicia son os de Padrón, todo un clásico da gastronomía do país, coma o polbo á feira, o lacón con grelos ou a empanada. O primeiro que se pensa á hora de cociñalos é en fritilos, pero tamén poden estar moi ricos nun guiso con bacallau e gambas. A festa será completa co pastel de chocolate branco e figos que prepararán Merchi e Lola.