O menú de “Larpeiros” terá como ingrediente principal a carne de cabrito, un prato sempre benvido na mesa, sexa da maneira que sexa: ao forno, guisado, rodeado de patacas ou con verduras. Don Benigno ten unha receita a man, cabrito guisado con patacas e chícharos. Pola súa parte, Adrián viaxará ata Val do Dubra, na provincia da Coruña, para visitar unha explotación de cabras de raza autóctona e na casa, Merchi e Leni prepararán unha torta de avelás para completar o menú.