Benigno propón unha nova para o xantar: guiso de bonito con ameixas. Para preparar o guiso, Adrián, o larpeiro ambulante por excelencia, terá que ir nesta ocasión ata a Illa de Arousa. Alí, da man de Luís, converterase en todo un mariscador de flote, sacando el mesmo as mellores ameixas da ría de Arousa. De volta na casa, os comensais rematarán o almorzo con pasteis de figos, doces cos que Merchi e Leni agasallarán os seus compañeiros.