O prato principal desta entrega é un guiso aromático de tenreira, apoiado pola boa compaña dunha saborosa ensalada de endivias con anchoas, pementos e queixo curado. Adrián visita unha singular granxa –cun proxecto moi vinculado á calidade e ao sabor das carnes- e coñece a José, un dos impulsores dunha idea pouco común: criar en Galicia 13 razas de todo o mundo, para descubrir que tal lles sentan os aires galegos. As larpeiras fan a súa particular homenaxe ás vacas, cunha torta fría de queixo con castañas e marmelo.