Os “Larpeiros” manteñen unha animada conversa sobre os produtos e sabores clásicos. Sempre que se pensa nos grandes clásicos da gastronomía galega fálase do marisco, dos peixes, das carnes, dos grelos... Pero hai máis produtos e moitos deles tan clásicos como estes. As rosquillas das festas, por exemplo, son unha desas cousas que levan na memoria e só se lembran cando se vai de festa, nas romarías ou nas procesións. As rosquillas poden presumir de tradición e eses sabores de sempre merecen un respecto. As rosquillas están moi ben como sobremesa, para acompañar o café, pero se se fala de sabores clásicos nos pratos principais os “Larpeiros” lémbranse doutras receitas, como un xarrete guisado, por exemplo. Ao escoitar falar deste prato, Benigno Campos, axiña idea unha receita que sorprenderá a todos os comensais: xarrete enteiro con chícharos e patacas. Realmente un prato tan tradicional ou máis que as rosquillas das festas. O menú complétase co pastel de grelos que preparan Merchi e Le