Na praza da Concello de Salceda de Caselas, os veciños xuntaranse arredor da cociña de Benigno Campos para tomar boa nota das súas receitas, contar contos e, por suposto, probar o que prepare o cociñeiro de “Larpeiros”. Na súa particular homenaxe aos callos, os “Larpeiros Festeiros” prepararán uns callos con fideos e uns callos con tomate e ovos. Tamén haberá tempo para que Adrián visite a Fina, unha seguidora do programa que ademais lle vai ensinar unha receita típica dos fogares de Salceda: os callos con macarróns. Ademais, nesta ocasión, unha “Larpeira Diplomada” compartirá con todos a súa receita de biscoito de coco. Esta e outras cousas ricas son as que o público poderá degustar ao rematar a troula.