Seguindo o seu percorrido polas festas gastronómicas galegas, os Larpeiros chegan a Moraña, na comarca de Caldas, onde se celebra a tradicional Festa do Carneiro ao Espeto, que o ano que vén fai medio século de vida.Desde a Carballeira de Santa Lucía, Benigno e Adrián comparten contos, receitas e cantigas cos veciños e as veciñas. Á hora de cociñar o prato escollido é, como non pode ser doutro xeito, cordeiro de leite estufado e arroz ao xeito de Benigno. Como sobremesa, unha lúa de nata.