Os “Larpeiros” manteñen unha animada conversa sobre os embutidos. Se tivesen que escoller, moitos non saberían que clase de embutido é o seu favorito. Non é de estrañar porque afortunadamente, en Galicia, hai unha gran diversidade, desde a androlla ao botelo, pasando polas salchichas, as morcillas e os salchichóns ata o chourizo. No caso deste último, a variedade aínda é maior: hainos frescos, semicurados, curados, picantes, sen picante, para cocer, para fritir... E valen para acompañar case calquera cousa: un lacón con grelos, un guisiño, un arroz, a pasta.... O chourizo é un dos grandes patrimonios da gastronomía galega. O cociñeiro convidado Carlos Parra, que como bo home de Ourense sabe moito de bos embutidos, prepara guiso de costela de porco con patacas e chourizo. Un prato sinxelo, barato e moi saboroso que é capaz de alegrar a mesa dos comensais máis esixentes. Para isto, Adrián vai voando ata a Serra de Outes, na provincia da Coruña. Alí, da man de Víctor, aprende a facer uns