Benigno Campos coñece ben todos os tipos de pan que hai en Galicia e sabe como empregalos na cociña. Para hoxe pensou facer unha receita que sexa merecedora de ser acompañada por un pan galego de categoría: bacallau con coliflor, un prato moi típico destas datas. Pola súa parte, Adrián desprazarase nesta ocasión a Vigo, onde fará un percorrido por dúas das mellores pizzerías da cidade na busca da mellor masa de pan. Meterase en fariña para converterse nun mestre da pizza por un día. De volta na casa, o pan volverá ser protagonista, xa que Merchi e Leni agasallarán os seus compañeiros cunha empanada de polo.